martes, 12 de noviembre de 2013

Pequeno e moi mol

Ollei con atención e vino. 

Pequeno... 

Pequeniño e moi mol. Non se movía e pensei que xa estaba estragado. 

A superficie era escorreguiza pero non esvaraba. Sí que o fixo, aparentemente, pero nese momento non. Aínda así, irremediablemente pensei na súa morte afogada. 

Agardei con curiosidade.

Con detemento apreciei que meticulosamente viraba a cabeza cara os lados e facía por despegar as patas. Foi un proceso custoso de recomposición que ó fin se impuxo. 

Púxenlle despois o dedo índice endiante das mil celas. Subíu sen meditar nel, e logo transporteino con coidado hacia a ventá aberta. Era un ofrecemento de liberdade que nese intre non aceptou. Non baixou e alí secou ata que quixo. 

Aguantei a postura sen desgusto. 

Logo, cando quixo, marchou e non o volvín a ver.

¡Canta fiúza puxo en min!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales

Seguidores